domingo, 22 de febrero de 2015

Clube de lectura?


Un clube de lectura é un grupo de persoas que leen ó mesmo tempo un libro. Esas persoas deciden un tempo cada o que se reunirán para comentar e debatir aquelo que foron descubrindo páxina tras páxina. Ese debate abarcará dende estilos literarios, personaxes, reflexións persoais como incluso aqueles cd's ou películas que nos recorden ó libro, ou relembremos con él. En cada reunión acórdase o número de páxinas que se comentarán na seguinte pero, por suposto, cada quen leerá ó ritmo que desexe.
Co avance das novas tecnoloxías ademáis xa non é estrictamente preciso contar cun lugar agradable no que reunirse cómodamente, senon que é posible abrir un espazo en internet onde establecer, ou continuar, o debate dende o teu bonito salón.
A receita para formar un clube de lectura é moi sinxela e consta só de catro ingredientes:
- Lectores
- Libros en moitos exemplares
- Moderador/a
- Motivación
Para saber como utilizar correctamente estos ingredientes aconséllote ir directamente a receita orixinal na cal atoparás todo o que precises saber exposto de xeito moi claro, e tamén podes botar un ollo ós consellos do laboratorio de lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.



No hay comentarios:

Publicar un comentario